Axenda

Presentación novo disco "Vértice" de GUSTAVO ALMEIDA en Santiago de Compostela 26-04-2019 20:00

Cidade da cultura de Galicia (Auditorio Neira Vilas), Monte Gaiás, s/n, Santiago de Compostela, 15707 A Coruña
Teléfono: 881 99 75 65
Prezo: 5€

“Vértice” é o novo proxecto musical de Gustavo Almeida, un traballo que vén engrosar, cun cuarto álbum, a súa xa consolidada traxectoria e que lanza este 14 de febreiro.

Un álbum composto por doce temas que son, en efecto, o que dá nome a este novo disco, un punto onde se atopan o pop máis sofisticado, o funk e a música de autor de Brasil.

Gravado en Valencia baixo a dirección de Nacho Mañó recoñecido produtor de artistas como Alejandro Sanz, Niña Pastori, Armando Manzanero, Presuntos Implicados, Santiago Cruz…

Este disco supón un importante paso na carreira de Gustavo Almeida pola solidez do repertorio e a excelencia da gravación.

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información