imaxe da nova
Nova Galega

Desmantelamento do Departamento de Produción Propia da Radio Galega (Estudio 5)

imaxe do usuario Xestor Xestor
11 xuño 2021

O Comité de empresa da CRTVG alerta este venres 11 de xuño do desmantelamento do Departamento de Produción Propia da Radio Galega (Estudio 5), departamento que deu cobertura, desde a creación da emisora pública, a todas as músicas do país dende o ano 1985.

Supón o abandono definitivo da obriga que ten a radiotelevisión pública de atender, promocionar e divulgar as nosas músicas, que gozan ademais de boa saúde e grande apoio social.

Os traballadores que conforman este departamento, liderado polo recoñecido produtor de son Pablo Barreiro, fixeron nestas décadas rexistros sonoros que son alicerce fundamental para a historia da música galega; constituíndo un arquivo sonoro de valor histórico e cultural incalculable.

Isto é un novo caso de desatención ao sector cultural en particular e un novo ataque ao público e ás manifestacións culturais do país.

Dende MAV compartimos que a medida é un grave erro e solicitamos a marcha atrás do proceso, ao tempo que volvemos a incidir na necesidade de incluir na grella programas especializados en música, con cabida para todas os estilos e niveis.

Nota completa

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información