imaxe da nova
Nova Galega

Músicos e coordinación musical no proxecto Proxecto EUTERPE_adn

imaxe do usuario Xestor Xestor
17 xaneiro 2025

Presentamos á equipa de músicos que están a traballar en Galicia dentro do proxecto europeo de cooperación transfronteiriza Euterpe_adn que ten como obxectivo principal explorar o impacto terapéutico da música en persoas maiores, con deterioro cognitivo ou dano cerebral.

A Casa da Música do Porto e Músicos ao Vivo S. Coop. Galega sumáronse ao proxecto como entidades musicais encargadas de xestionar o traballo de coordinación e deseño das actividades musicais que se desenvolverán a través de talleres específicos nos sete centros seleccionados ata xullo de 2025. O estudo culminará coa publicación dos resultados, así como os materiais utilizados, e un Libro Blanco onde se recollerá o desenvolvemento pormenorizado da actividade.

A equipa de músicos está formado por músicos profesionais con experiencia na materia:

- María José Pámpano (responsable de coordinación musical). Violinista, docente, xestora cultural e encargada de distribución artística.

- Alejandro Vargas (músico). Pianista e Compositor graduado na Universidade das Artes de Cuba e residente en Santiago de Compostela. Primeiro premio no concurso de mozos jazzistas de Cuba JoJazz 2001. Premios no Certame Cubadisco en 2008 e 2013.

- Tomás Rábanos (músico). Especialista en talleres de muscoterapia, pedagoxía musical, dirección coral, psicoloxía infantil e asnoterapia. Profesor de estimulación sensorial coa música.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información