O vindeiro venres 7 de febreiro terá lugar a primeira Asemblea Xeral do ano 2025.
Farase en Santiago de Compostela, ás 19:00h. Manteremos o formato presencial e online.
A directiva quere pulsar conxuntamente e de primeira man a visión sobre a situación actual do sector musical en Galicia; así como da situación da asociación e da cooperativa e do traballo que se leva desenvolvendo estes últimos meses. É por iso que pretendemos aumentar as vías de comunicación e a participación dos socios/as nas tomas de decisión futuras. Por suposto, haberá turno para rogos e preguntas dos asociados/as, o intercambio de pareceres e o debate.
Reservade a data!