imaxe da nova
Nova Galega

Presentación bandas galegas en Artistas en Ruta

imaxe do usuario Xestor Xestor
14 outubro 2025

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) fará un acto de presentación das bandas galegas que forman parte da programación do segundo ciclo de 2025 de Artistas en Ruta. Este é un circuito organizado e impulsado por AIE (Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes de España), e que volve contar co patrocinio da Xunta de Galicia.
O obxectivo do ciclo é potenciar a música en directo e achegar os novos talentos ao público a través dun circuíto de actuacións en locais de música de todo o país. Así, a iniciativa ofrece aos artistas e grupos —emerxentes e consolidados— a oportunidade de virar, actuar e mostrar o seu traballo de forma próxima, como alternativa aos grandes escenarios e a posibilidade de facer crecer a súa presenza en diferentes cidades fóra da súa comunidade.

O acto será o mércores, 15 de outubro de 2025 na Sala Eisenmann da Cidade da Cultura de Galicia, ás 12:00h.
No acto participarán as bandas seleccionadas, managers, axencias e representantes da AIE e da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e ao remate servirase un aperitivo. Prégase confirmación de asistencia.
Os catro artistas galegos elixidos son: Boyanka Kostova, KYR4, The Rapants (que contan co apoio da Xunta de Galicia), e Hilario Rodeiro (co respaldo do Goberno de Euskadi, comunidade na que reside).

Para futuras programacións que se decidirá o 1 de abril de 2026 xa se poden enviar propostas ata o 20 de marzo de 2026.
Propostas 2026

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información