
Do 21 ao 24 de outubro en Ponteareas, terá lugar unha Residencia Creativa Musical; unha experiencia de creación colectiva e encontro artístico. Durante tres xornadas intensas e inmersivas, nunha convicvencia con artistas emerxentes e profesionais da interpretación, da música tradicional e do flamenco, nun espazo pensado para inspirar, conectar e cocrear.
Sesións de radio e exposición de proxectos polas mañás. Obradoiros de movemento e creación escénica polas tardes. Ceas compartidas e espazos de conversa para facer fluír a inspiración. Un ambiente íntimo e creativo.
Aloxamento e manutención gratuítos.
Podes apuntarte antes do 15 de outubro. As persoas seleccionadas recibirán a confirmación o 15 de outubro.
Programa completo