imaxe da nova
Asociación

Charla formativa da UdM no Conservatorio Superior de Vigo, o 7 de novembro

imaxe do usuario Xestor Xestor
24 outubro 2025

A Unión de Músicos organiza unha xornada formativa en Vigo o 7 de novembro ás 10:00h. A formación celebrarase no Auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSMV).

Abordaranse temas vitais para a profesionalización da carreira dos músicos: obrigas en materia de seguridade social, fiscalidade na contratación artística, as relacións laborais no mundo da música, novidades no Estatuto do Artista, etc...

A charla formativa será impartida por Guillem Arnedo, músico profesional que foi presidente da Asociación de Músicos de Jazz e Música Moderna de Cataluña AMJM, é vicepresidente da Academia Catalá da Música e presidente da Unión de Músicos, federación estatal de asociacións de músicos de distintos estilos. Unha oportunidade única para escoitar de primeira man a unha das persoas con participación directa nas normativas que afectan ao colectivo a nivel estatal.

A entrada e libre e gratuíta a alumnos do Conservatorio e a músicos en xeral.

Esta xornada desenvólvese coa colaboración de Músicas ao Vivo e o Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSMV), e co apoio de SGAE e INAEM.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información