A Unión de Músicos organiza unha formación sobre Intelixencia Artificial e a súa aplicación na música, exclusiva para os seus socios e socias.
Os socios e socias de MAV recibirán no seu correo a ligazón para a sesión online.
Esta sesión está orientada a profesionais da música que queren entender con claridade que está a pasar coa intelixencia artificial e que implicacións concretas pode ter no seu traballo. Partindo de como outras revolucións tecnolóxicas cambiaron o oficio, veremos por que a IA é un punto de inflexión e como está a entrar xa na composición, a produción, o directo e a relación co público.
Centrarémonos no impacto práctico no día a día: tarefas que se automatizan, novas posibilidades creativas, que traballos veranse máis presionados e que habilidades gañan valor neste novo contexto. Veremos exemplos reais de ferramentas, casos de uso e escenarios a curto e medio prazo, con espazo para preguntas e debate. O obxectivo é contar con criterio para tomar decisións informadas sobre como posicionarnos e como aproveitar a IA sen perder a identidade artística.
DÍA: Sábado, 13 de decembro
HORARIO: 11:00- 12:30 a.m.
PONENTE: Juan Antonio Casado, experto tecnoloxía e IA