imaxe da nova
Nova Galega

Aberto o prazo da convocatoria de axudas "Territorio Cultura"

imaxe do usuario Xestor Xestor
11 xullo 2026

Acaba de publicarse a convocatoria das axudas "Territorio Cultura 26-27" que pretenden "ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas". Contarán cunha dotación de 250.000€ para as anualidades 2026 e 2027 en réxime de concorrencia competitiva.
Lonxe quedan os máis de 620.000€ da convocatoria de 2022/23.

Estas axudas están suxeitas ao cumprimento da normativa europea de axudas de minimis (o importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 300.000 euros durante os tres anos previos á data de concesión).

Finalidade
- Impulsar e diversificar a actividade, a creación, as prácticas e os procesos culturais contemporáneos en estreita vinculación coas comunidades e os seus contextos sociais, territoriais e culturais específicos.
- Promover, desde un enfoque de dereitos culturais, a inclusión e estimular a participación cidadá activa na actividade cultural.
- Impulsar a dinamización, modernización e innovación dos sectores e axentes culturais e creativos que operan no medio rural.
- Favorecer a diversidade cultural, o diálogo intercultural e o intercambio rural-urbano.
- Fomentar o cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sostible e la conciencia e sustentabilidade ambientais


Beneficiarios
Persoas físicas [autónomas] e persoas xurídicas privadas que desenvolvan maioritariamente a súa actividade habitual en Galicia e que teñan no seu obxecto social a creación, organización, xestión, distribución de espectáculos, investigación cultural ou consultoría cultural. Tamén as asociacións e fundacións cuxo obxecto social recollan o citado anteriormente.

Solicitudes
Obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no DOG.

Contías das axudas
Só se poderá presentar un proxecto por persoa solicitante que deberá ter un orzamento subvencionable total, igual ou superior, a 15.125 euros (incluído o IVE).
A contía máxima da axuda será do 80 % do orzamento subvencionable cun límite mínimo de 10.000 € e máximo de 30.000 €.

Lugares de celebración das actividades
Deberán celebrarse ou desenvolverse no medio rural
- Concellos de menos de 30.000 habitantes e densidade de poboación igual ou menor a 100 habitantes/km2
- En todo caso, os municipios de poboación inferior aos 10.000 habitantes


Tipoloxía de propostas
- Eventos ou espectáculos artísticos ou culturais, festivais, exposicións e outras actividades culturais similares
- Proxectos de participación multiaxente -laboratorios de ideas, iniciativas transdisciplinares ou alianzas transectoriais- que favorezan a innovación cultural e teñan unha concreción práctica no territorio
- Patrimonio inmaterial, en conexión coa cultura e as prácticas contemporáneas
- Actividades de educación, transferencia e mediación artística e cultural, incluíndo o uso das novas tecnoloxías

Gastos subvencionables
Entre eles están os gastos de remuneracións dos espectáculos artísticos, redacción do proxecto técnico, servizos técnicos, deseño e creación de escenografía, dereitos de autor, comunicación e publicidade...

Comisión de valoración
Constituirase unha Comisión de Valoración, nomeada polo director da Agadic.
Dentro dos criterios de valoración haberá unha parte de criterios automáticos (
entre os que están a participación de compañías e artistas galegas) e outra con criterios técnicos

Xustificación
- Anualidade 2026, antes do 30 de novembro de 2026
- Anualidade 2027, antes do 30 de setembro de 2027

O prazo de presentación de propostas está aberto do 10 de xullo ao 10 de agosto de 2026.
Resolución / Extracto

 

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información