O vindeiro venres, 23 de outubro, terá lugar unha xornada online de traballo onde abordaremos un aspecto fundamental de cara ao aproveitamento das feiras profesionais de música dirixida a artistas (autoxestionados ou non), pequenas axencias e managers, etc. Esta xornada, organizada por Músicas ao Vivo, encádrase dentro das actividades da feira PALCO que se desenvolverá o 3 ao 5 de novembro en Santiago de Compostela.
Na xornada abordarase como achegarse a estas feiras, materiais necesarios a preparar, que dicir e como e en canto tempo, como abordar posibles "speedmeetings" con programadores, que pedir e que non...Basicamente poder situarnos e preparar e sacar partido á nosa presenza neste tipo de feiras.
A xornada será impartida por Aitana Cuétara (Luneda Producións), persoa con ampla experiencia en xestión cultural, booking, produción e programación de eventos musicais, e acompañamento en procesos de profesionalización artística. Ademais leva moitos anos acudindo a diferentes feiras e conta tamén con experiencia na súa organización.
A xornada desenvolverase en horario de 17:00 a 19:00h e podedes asistir a través da seguinte ligazón:
REUNIÓN
Agradecemos que os interesados se anoten no formulario para poder contactar ou informar dalgunha variación na xornada:
Formulario de inscrición