O vindeiro 16 de novembro, ás 10:00 h, terá lugar unha charla formativa no Auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo a cargo de Manuel Aguilar, músico e especialista en propiedade intelectual e industria discográfica, que impartirá unha sesión formativa organizada pola Unión de Músicos, co apoio do INAEM.
Durante a sesión abordaranse cuestións relacionadas cos dereitos de autor e de intérprete, as entidades de xestión, o rexistro de obras musicais, os dereitos derivados das actuacións en directo e os modelos de remuneración nas plataformas de streaming. Tamén se tratará o impacto da intelixencia artificial na industria musical e os novos retos que presenta no ámbito da propiedade intelectual.
Manuel Aguilar foi presidente da Fundación Autor (SGAE) e director de Arte e Repertorio de Ariola (BMG). Ao longo da súa traxectoria participou como músico ou produtor en traballos de artistas como Mecano, Camarón de la Isla, Joaquín Sabina, Antonio Flores, Kiko Veneno ou Luis Eduardo Aute, entre outros.
A actividade está aberta ao público en xeral.