Axenda

Concerto de María (moi) Solita en Villa Solita (Alcabre) 07-08-2020 21:00

Villa Solita, Camiño Freixeiro, 14, Vigo, 36212 Pontevedra
Prezo: De balde

María Villanueva Alonso - Voz e guitarra

María (moi) Solita 

Estuda guitarra clásica no Conservatorio Superior de  Música de Vigo e despois Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela, onde empeza a interesarse polo jazz. A continuación trasládase a Suíza, onde estuda un Master en Interpretación da guitarra  clásica con “minor” en canto jazz na  Hochschule  der  Künste Bern. Entre 2016 e 2019 vive en Lisboa onde estuda a licenciatura en canto jazz na Escola Superior de Música de Lisboa. 

Durante os últimos anos compaxina a súa actividade  artística coa docencia, destacando entre a sua actividade musical a estrea en Bogotá de "Cuerdas Falsas", de Catalina Peralta; o Dúo 2028, co que se presenta en festivais como a Quincena Musical Donosti; a colaboración co pianista Filipe Melo, co que graba en estudio tres temas en setembro de 2017; o cuarteto "María Solita", co que graba o EP "Retrato de ninguém" en maio de 2019 e o proxecto Siu Kiu, co que é convidade pola productora Jazz ao Centro Clube (JACC) para grabar o disco "Fonte Grande", que sairá en setembro de 2020 e conta ca colaboración da cantante portuguesa María João.

Nesta ocasión preséntase a solo como "María (moi) Solita" e tocará orixinais e versións do cuarteto "María Solita" en formato voz e guitarra, que é o xeito en que nacen a maioría das suas cancións. 

Links:

https://mariasolita.bandcamp.com/

https://www.youtube.com/channel/UCB8OOlNB7aLMmZFR_2iuGoA

 

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información