Axenda

Furacán + Os John Deeres 02-10-2021 21:00

Mardi Gras, Travesía Torre, 8, La Coruña, 15002 La Coruña
Teléfono: 677 42 81 50
Prezo: 8€

Furácán e Os John Deeres unen forzas e instrumentos para rockear en Mardi Gras o sábado 2 de outubro no Ciclo Xacobeo 21 na Mardi.

Furacán é Rock de #ForzaSeteCompoñenteNordés. Rock en galego con fortes influencias noventeiras. E con disco editado en 2020, titulado «Hortensia» que teñen unhas gañas enormes de desatar en directo. Aquí podes escoitar:

https://furacan.bandcamp.com/releases

Os John Deeres levan 15 anos facendo hard rock en galego. O grupo estradense, composto na parte instrumental por Xermán Bernárdez, José Carbia, Marcos A. Muíños e Manuel Reices, acaba de completar a formación coa fichaxe de Vane García á voz.

Logo de publicar “8” (autoeditado, 2013) e “20-20” (Free Code Jazz, 2017), Os John Deeres editan, en plena pandemia, “Cinzas”, un EP gravado no local de ensaio con distintas colaboracións e con portada do tamén estradense Alberto Cardona. “Cinzas” son catro temas reciclados a partir de ideas antigas que significan unha continuidade entre o pasado e o futuro da banda, un punto e seguido para continuar con novos proxectos.

Apertura portas 21:00 Concerto 21:30

Entradas dispoñibles por dous sistemas:

  1. Reservando en entradasmardigras@gmail.com  enviando nome e teléfonos das persoas que asisten. Prezo 8 euros + 1 euro de gastos de xestión sen importar o número de entradas que se reserven. Pago en taquilla en efectivo.
  2. Venta online 8 + gastos en  https://entradium.com/events/furacan-os-john-deeres-en-mardi-gras

Se non quedan nun sitio, proba no outro. O aforo está repartido entre ambos sistemas.

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información