Axenda

TREIXADURA 24-10-2015 19:30

S.C.R.D Agarimo de Sillobre (Fene), Rúa do Mestre Lois Rodríguez Calvo, 1, 15509 Fene
Prezo: De balde

HOMENAXE A TREIXADURA EN SILLOBRE (FENE)
Con motivo da XXVII XUNTANZA DE GAITEIROS organizada pola Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene no local da S.C.R.D Agarimo en Sillobre (Fene). 
Actuarán:
Cantareiras Xerfa (Airiños de Fene)
Cantigas e Agarimos
Cantareiras Xirifeiras (Airiños de Fene)
Treixadura
Treixadura con Cantigas e Agarimos
Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene

Treixadura celebra o seu 25 aniversario de traxectoria artística cun novo disco que resume a súa extensa carreira e inclúe algunhas pezas inéditas.

Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.

Un tempo no que o grupo foi modelando o seu camiño, transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando  elevar a interpretación da música tradicional ao máximo nivel artístico e escénico.

Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.

Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional.

25 anos de gravacións e concertos, 6 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas, e vida en común. 25 anos compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

Treixadura foi galardoado nos primeiros Premios Galegos da Música Martín Códax, entregados en decembro de 2013, como o Mellor Grupo de Música Tradicional Galega.

En 2014 recibiron a homenaxe da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística pola súa exquisitez no tratamento musical e escénico do noso folclore e o seu traballo a prol da recuperación da música tradicional galega.

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información