Hilario Rodeiro Quinteto 28-06-2024 23:00
Hilario Rodeiro presenta as súas últimas composicións nun quinteto formado por recoñecidos músicos da escena jazzística nacional:
Juan de Diego, trompeta
Eneko Dieguez, saxo alto
Julen Izarra, saxo tenor e soprano
Kike Arza, contrabaixo
Hilario Rodeiro, batería
Pausa móvese nunha mezcla de pop-rock, freejazz e música de cámara. A posta en escena do quinteto mostra parte do próximo álbum, que se publicará o 21 de xuño de 2024, así como outras composicións do autor e versións escollidas de cancións do folclore e do pop-rockinternacional.
O tempo é unha fixación recurrente nas súas composicións, en especial na súa percepción e o modo no que se manifesta. As pezas que presenta inspíranse nas pausas do día a día, naquelas interseccións e momentos distintos, que preceden e anuncian outros, ou que conclúen e repousan en
momentos que simplemente suceden.
“Suspenderse en el silencio de una pausa, ahí donde paradójicamente lo decimos todo y más se percibe el tiempo”
Blanca Carvajal