Coa Nosa Voz – UGÍA PEDREIRA presenta BASAL 23-06-2024 19:00
Teatro Colón, Avenida Marina, n7A, A Coruña, 15003 A Coruña
Teléfono: 981 18 42 00
Prezo: De balde
A Pedreira presenta Basal (2024)
O espectáculo en directo de Basal é unha viaxe continental entre rave e follaxe, club de jazz e discoteca dos anos 80, danza tribal e rituais espirituais. Cuba, Brasil e Galicia abrázanse neste concerto, onde os artistas combinan rock, jazz, MPB e música clásica, levando todas as cancións do autor a novos lugares.
A súa posta en escena é moi dinámica, bailable en varios estilos, cunha dose de improvisación e interacción co público, proceso básico para Pedreira. Converte cada concerto nunha comunicación transparente, de ti a ti, inclusiva entre artista e espectadores, inclusiva para todas as capacidades.