Concerto con Vertixe Sonora no Festival Vertixe 13, A beleza do roto 21-09-2025 21:08
Museo Verbum - Casa das Palabras, Avenida Samil, 17, Vigo, 36212 Pontevedra
Teléfono: 986 24 01 30
Prezo: Non especificado
No kintsugi xaponés, únense fragmentos cerámicos con ouro. Sulíñanse as feridas en lugar de agochalas, para así transformar obxectos rotos en arte. A beleza do roto reside naquilo que non pretende a perfección. Quebras que falan de fraxilidade, pero tamén de resiliencia. Catro estreas mundiais nunha homenaxe aos afectados pola dana o pasado outubro. Música de Colin Tucker (Ypsilanti, territorio ocupado de Anishinaabek, 1985), Felipe Pinto (Santiago de Chile, Chile, 1982), Voro García (Sueca, España, 1970), Mateu Malondra (Palma de Mallorca, España, 1977) e a presentación de drifting de Jorge Gómez Elizondo (Monterrey, México, 1986).