Axenda

David Durán - Concerto no Festival Vertixe 13 PERSPECTIVAS 04-10-2025 20:00

Auditorio Martín Códax Conservatorio Superior de Música de Vigo, Rúa de Manuel Olivié, 23, Vigo, 36203 Pontevedra
Teléfono: 986 47 11 44
Prezo: Non especificado

Haruna Takebe e David Durán dan comezo á súa particular andaina: qué caracteriza á literatura pianística galega? Na procura de respostas, unha ampla selección de obras de compositores e compositoras galegos. Para piano solopiano e electrónicapiano e varios intérpretesconxuntos de piano ou conxuntos de instrumentos de tecla combinados, sintetizadores, órganos... quen da máis?, en definitiva, calquera dispositivo sonoro activado mediante tecla. Terá continuidade en vindeiras edicións do festival. Nesta ocasión obras para un piano e dous intérpretes, e dous pianos de Ramón Otero Moreira (Pontevedra, España, 1982) e Xacobe Gaspar Grandal (Mos, España, 1975) respectivamente. Información para lambóns: A obra de Otero Moreira poderá escoitarse novamente o día 15 ás 12h en Bonaval (Santiago de Compostela) como preámbulo do encontro de música española que terá lugar esa finde.

 

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información