Axenda

Actuación - Concert Le Phénix - Acto de recordo 2 de novembro de 2025 02-11-2025 11:19

Antigo Cemiterio de Bueu, Rúa Valado, 6, Bueu, 36939 Pontevedra
Teléfono: 986 390 029
Prezo: Non especificado

O Concello de Bueu organizará o próximo domingo, 2 de novembro, un acto de recordo laico polo Día de Defuntos, que se celebrará ás 12.30 horas nos Xardíns do Antigo Cemiterio, ao carón da Igrexa de San Martiño de Bueu.

A proposta nace coa vocación de lembrar as persoas que xa non están con nós coma unha forma de homenaxealas no seu día.

A programación arrancará cun recital poético da poeta local Míriam Ferradáns, no que palabra se converterá no centro da emotividade cunha selección de textos poéticos e literarios arredor da memoria, a perda e a vida compartida.

Ademais, tamén se desenvolverá o concerto “Aires, danzas e sonatas” con Concert Le Phénix, unha proposta impulsada polo violonchelista e pedagogo Fernando Santiago que reúne instrumentos como violas, violóns, violonchelos para interpretar música dos séculos XVII ao XIX.

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información