SEMENTEIRA. Concerto con Vertixe Sonora 13-01-2026 20:00
Deixar caer grans, pedras, maínzos de grixo, botar area, salpicar na auga… Xestos familiares que nos conectan coa infancia. Memoria de experiencias táctiles redescubertas a través da escoita. A materia acumulada dá testemuño do tempo. E tamén de sons pasados. Composta de puntos e fileiras de son, como pingas, como regatos, a música transpórtanos a un tempo antigo e a unha experiencia ritual. Un discurso á vez familiar e descoñecido, sinxelo e misterioso que afonda no escuro enigma da existencia enraizándonos na terra, evocando a humildade coa que cada unha das partículas máis pequenas forma parte dun todo. Que nos precede. Que continuará cando xa non esteamos aquí. Expresando, a través do son, a tensión e o equilibrio entre a terrible fraxilidade e, ao mesmo tempo, a tenaz resiliencia da vida na historia milenaria do universo.
Violeta Cruz (Bogotá, Colombia 1986)
Siembra (2026) [EM]
3 tambores, acordeón, percusión, electrónica
Po Chien Liu (Kaohsiung, Taiwan1990)
Abschattung for Sextett [EM]
violín, saxofón, guitarra eléctrica, acordeón, piano, percusión, electrónica
Tianyu Zou (Guangzhou, China 1996)
Étude SORA (2024) [EM]
violín, saxofón, teclados, percusión
Étude (2025) [EM]
violín, saxofón, guitarra eléctrica, acordeón, teclados, percusión, electrónica
EM= Estrea mundial
VERTIXE SONORA
Violín: Jacobo Hernández
Saxofón: Pablo Coello
Guitarra eléctrica: Nuno Pinto
Acordeón: María Mogas
Piano: David Durán
Percusión: Diego Ventoso
Medios electrónicos: Iván Ferrer-Orozco