Cámara d'Ría + USK Vigo: "Música e pinceis" - Concerto debuxado (debuxa coa nosa música en directo) 31-01-2026 19:00
Auditorio da Fundación Mayeusis, Rúa do Areal, 138, Vigo, 36201 Pontevedra
Teléfono: 986 22 14 22
Prezo: De balde
O grupo de música tradicional galega Cámara d’Ría, integrado por Fani F. Agulla á frauta, Magui M. Muñiz ao clarinete e Ernesto Campos á guitarra, organiza xunto co colectivo de debuxantes urbanos de Vigo USK Vigo (Urban Sketchers Vigo) unha proposta innovadora de música en directo: o “Concerto debuxado”.
Trátase dun evento aberto a todos os públicos, que ofrece ás persoas asistentes a posibilidade de debuxar libremente mentres as e os intérpretes executan a súa música.
*As persoas interesadas en debuxar, deberán traer o seu propio material de debuxo e poderán situarse nas butacas dispoñibles entre o público asistente.
Colabora a Fundación Mayeusis.
Entrada de balde.