Axenda

Presentación novo disco Carmen Rosende & The Burning Laikas 17-10-2026 21:30

Fabrica de Chocolate Club, Rúa Rogelio Abalde, 22, Vigo, 36201 Pontevedra
Teléfono: 689 72 31 99
Prezo: 10€

Carmen Rosende & The Burning Laikas presentan o seu novo disco, Izan, na Fábrica de Chocolate.

A banda de soul progresivo aposta por un directo como os de antes, sen autotune nin pistas gravadas. Tan só unha voz das que poñen os pelos de punta: potente, versátil, que baila entre a dozura e o rasgado; un Fender Rhodes dos 70 repartindo acordes punzantes e unha batería facendo que cada quen saque os seus mellores pasos de baile. E, por se alguén precisa inspiración, esa noite contarán cos bailaríns de Compostela Soul Club na pista.

Ao rematar o concerto, o soul non se detén: continuaremos cunha sesión 100 % en vinilo a cargo de Mr Pitiful e Saleta Barinaga.

Carmen Rosende & The Burning Laikas gravaron o seu disco en directo, fieis á súa idea de crear unha música acorde co que están sentindo en cada momento. O 17 de outubro ás 21:30, deixa de facer scroll e ven sentir como a música recarga cada célula do teu corpo.

Entradas á venda en https://entradium.com/events/carmen-rosende-the-burning-laikas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información