LES VAMPIRES. Concerto de Vertixe Sonora no Espazo Turina de Sevilla. 22 de outubro de 2026, 20h 22-10-2026 20:00
París presa dun terror invisible e sen nome contra o cal a policía é impotente. Unha organización criminal coñecida como “Os Vampiros” sementa o caos cos seus asasinatos, roubos e secuestros. Pouco se sabe desta banda de viláns, agás que están liderados polo Gran Vampiro e a súa seductora moza, Irma Vep. Philippe Guerande, xornalista que investiga o asasinato dun político, atópase cos Vampiros, e embárcase nunha longa cruzada para librar París do mal. Seleccionados dous capítulos dos dez que compoñen a serie completa. Nuria Giménez-Comas (Girona, 1980) inspírase para a súa nova creación, no serie muda de 1915 de Louis Feuillade, que se centra na banda clandestina coñecida como “Les Vampires”. Completa o programa as obars de Atousa Falamarzian (Irán/Austria) e Vladimir Guicheff (Montevideo, 1986).