
O proceso de inscricións para os XII PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA estará aberto ata o 23 de marzo. Participa co teu proxecto e axuda a visibilizar todo o potencial da nosa música.
▶ Inscricións: ata o domingo 23 de marzo (inscrición completamente libre e gratuíta)
▶ 15 categorías musicais
▶ 1 categoría extraordinaria de Artista Emerxente
▶ 3 categorías Organistrum: Salas, Festivais e Proxectos de comunicación e difusión musical
▶ Gala dos Premios: 28 de maio
Bases dispoñibles na nosa web dos Premios
Inscribirse é moi doado. Só tes que acceder á web dos Premios, e no menú principal ir ao apartado de "OS PREMIOS", clicar en "INSCRÍBETE" e acceder co teu correo e contrasinal no panel de "proxectos MAV". Se xa tes un proxecto presentado en edicións anteriores simplemente terás que editar a información necesaria para proceder coa inscrición novamente nesta edición.
En caso de ter algún problema podedes contactar con nós a través da propia web, no apartado "CONTACTO" ou no correo de soporte (soporte@premiosmartincodaxdamusica.gal).
Aproveita a oportunidade e non deixes pasar a ocasión, estes son os teus Premios!!
Axúdanos a difundir a convocatoria