imaxe da nova
Asociación

Inscricións nos XIII Premios Martín Códax da Música ata o 22 de marzo

imaxe do usuario Xestor Xestor
10 marzo 2026

Estamos de volta!
Comezou xa a XIII edición dos Premios Martín Códax da Música, organizados por Músicas Ao Vivo para difundir a calidade e a diversidade da música galega.

O pasado 25 de febreiro tivo lugar a presentación aos medios, na que desvelamos as claves desta nova edición.


As inscricións de proxectos estarán abertas ata o 22 de marzo.
Dúbidas ou incidencias no proceso? Escríbenos a soporte@premiosmartincodaxdamusica.gal

Inscríbete, difunde, apoia. Que soe a música!

 

Velaquí as claves desta nova edición:

- Inscricións: do 2 ao 22 de marzo.

- Festa de Finalistas: 6 de maio.

- Gala dos Premios: 27 de maio.

- CATEGORÍAS: mantemos as 15 categorías musicais (xunto ás 3 Organistrum, a de Artista Emerxente e o Premio Honorífico)

- VOTACIÓNS: seguirá habendo dúas fases, unha primeira dun xurado profesional e unha segunda fase na que ademais dos socios e socias de Músicas ao Vivo tamén poderá votar o público xeral.

 

Tedes a información completa nas nosas Bases dispoñibles na nosa web: https://premiosmartincodaxdamusica.gal

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información