imaxe da nova
Nova Galega

Convocatoria para a programación artística na feira PALCO, ata o 31 de xullo

imaxe do usuario Xestor Xestor
9 xullo 2026

PALCO é o primeiro gran encontro galego da industria musical, que se celebrará do 3 ao 5 de novembro en Santiago de Compostela.

Trátase do proxecto codeseñado no marco do Plan Estratéxico da Industria Musical de Galicia, organizado pola Asociación Galega de Empresas Musicais e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais.
Nace da vontade compartida de reforzar a conexión, a vertebración e a proxección do sector musical. A súa creación responde a unha das principais conclusións extraídas durante o proceso de elaboración do Plan: a necesidade de contar con espazos compartidos, útiles e sostibles, pensados desde dentro da propia industria e ao servizo das súas necesidades reais.

A través desta metodoloxía de traballo compartido, PALCO materializa unha visión colectiva do sector e aspira a consolidarse como un espazo de encontro, intercambio e impulso capaz de fortalecer os vínculos profesionais, xerar novas oportunidades e contribuír ao desenvolvemento dunha industria musical galega máis conectada e articulada e con maior capacidade de proxección.

A primeira convocatoria pública lanzada desde PALCO está aberta do 1 ao 31 de xullo de 2026 e diríxese á selección de proxectos para configurar a súa programación artística.
A convocatoria seleccionará un máximo de 10 propostas artísticas para formar parte da programación oficial de mostras musicais de PALCO 2026. Cada proposta realizará unha actuación cunha duración aproximada de 40 minutos. A organización definirá os horarios, espazos e condicións técnicas de cada actuación.
A participación nesta convocatoria implica a dispoñibilidade do artista ou banda durante as datas de celebración de PALCO 2026.

Os artistas e grupos seleccionados percibirán unha remuneración de 200 € + IVE por cada membro do equipo, entendendo como tales intérpretes e perfís técnicos (ata un máximo de 3 persoas neste último caso), cun máximo total de 1000 € + IVE por formación, pola realización da mostra musical.
Ademais, a organización ofrecerá unha achega adicional de 150 € por formación, destinada a gastos de desprazamento.
Os artistas e grupos seleccionados asumirán calquera outro gasto adicional relacionado coa súa participación na mostra musical.
Os artistas e empresas representantes deberán estar dados de alta e ao corrente das súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.
Bases da Convocatoria / Formulario de Inscrición

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información