imaxe da nova
Actualidade

O ciclo Jazz en Red chega a Galicia da man de Óscar A. Rifbjerg Trio o 26 de novembro

imaxe do usuario Xestor Xestor
23 novembro 2026

O vindeiro 26 de novembro arranca a única data do ciclo Jazz en Red en Galicia co concerto de Oscar A. Rifbjerg Trio no Vitruvia Café de Vigo. Rifbjerg conta cunha traxectoria que conecta a tradición jazzística danesa coa escena musical española., e reúne o seu talento co do contrabajista Javier Delgado e o batería Guillermo McGill, unha colaboración de la que naceu o álbum Reset.

Xoves 26 de novembro
20:30 h
Entrada: 16 €

Reservas: no local ou en reservas@vitruviacafe.com


O circuíto Jazz en Red xorde da unión de diferentes asociacións de músicos do país, entre as que está Músicas ao Vivo.
Son as diferentes asociacións quen se encargue de sufragar a contratación, desprazamentos e aloxamentos de cada agrupación. Este primeiro ano haberá concertos en 9 cidades de diferentes comunidades autónomas (Madrid, Sevilla, Bilbao, Valladolid, Vigo, Palma De Mallorca, Tarragona, Tenerife, Almería...).

O proxecto galego seleccionado foi Xan Campos, premiado na categoría de Jazz dos últimos Premios Martín Códax da Música, co seu proxecto "Amorodios" que actuará no Teatro Calderón de Valladolid o vindeiro 8 de decembro, nun concerto organizado por AMJazzCyL.

As asociacións implicadas no circuíto son:
Clasijazz (Andalucía)
AMJM (Cataluña)
Músicas ao Vivo (Galicia)
Sedajazz (Valencia)
Musikari (País Vasco)
Assejazz (Andalucía)
Promusic Canarias (Canarias)
Promúsics Mallorca (Baleares)
AmjazzCyL (Castela-León)


Nesta primeira edición cóntase co patrocinio de SGAE,  Fundación SGAE e AIE.
Web
 

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información