Publicouse a resolución pola que se abre o prazo de inscrición no catálogo "Ler Conta Moito 2025" de actividades de dinamización da lectura en bibliotecas públicas.
Deste xeito, o prazo para solicitar a inclusión de actividades no catálogo estará aberto ata o 20 de xaneiro de 2025.
O acceso atópase na sección “Ler conta moito” da web da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
As persoas físicas e xurídicas interesadas poderán presentar un máximo de 3 propostas de actividades de dinamización. No caso de incluír 3 actividades, como mínimo unha delas terá que estar orientada especificamente a promover a igualdade entre homes e mulleres e/ou a loita contra a violencia de xénero.
As actividades incluídas en anteriores edicións non se conservarán por defecto no catálogo, senón que é preciso dalas de alta de novo. Non obstante, para facilitar a inscrición, poderase recuperar a información e imaxes relativas a elas.
Resolución DOG / Páxina Oficial