
Cultura da Deputación da Coruña presenta as Residencias Artísticas Mariñán 2025.
A área provincial de Cultura continúa coa liña de apoio á creación a través das residencias artísticas no Pazo de Mariñán 2025.
No eido da música, seleccionaranse un máximo de 4 proxectos.
As residencias inclúen a dotación material necesaria e espazos axeitados no Pazo de Mariñán para o desenvolvemento das propostas; manutención e aloxamento para as e os participantes, e acompañamento e seguimento do proxecto por parte da comisaria e do comisario co fin de facilitar a súa viabilidade. No caso das estadías de música, tamén formación específica para a profesionalización e a distribución das propostas, que farán persoas expertas convidadas; visitas e reunións de axentes culturais e programadores e programadoras, para apoiar a continuidade do traballo feito nas estadías dentro dos circuítos musicais; e financiamento das necesidades técnicas da creación: deseño escénico, de luces e de son ou o vestiario.
As Residencias desenvolveranse entre o 31 de marzo e o 11 de abril, e terán unha duración máxima de 6 días.
O prazo de tramitación de solicitudes estará aberto ata as 14:00 horas do día 14 de febreiro.
Bases / Nova