Presentamos á equipa de músicos que están a traballar en Galicia dentro do proxecto europeo de cooperación transfronteiriza Euterpe_adn que ten como obxectivo principal explorar o impacto terapéutico da música en persoas maiores, con deterioro cognitivo ou dano cerebral.
A Casa da Música do Porto e Músicos ao Vivo S. Coop. Galega sumáronse ao proxecto como entidades musicais encargadas de xestionar o traballo de coordinación e deseño das actividades musicais que se desenvolverán a través de talleres específicos nos sete centros seleccionados ata xullo de 2025. O estudo culminará coa publicación dos resultados, así como os materiais utilizados, e un Libro Blanco onde se recollerá o desenvolvemento pormenorizado da actividade.
A equipa de músicos está formado por músicos profesionais con experiencia na materia:
- María José Pámpano (responsable de coordinación musical). Violinista, docente, xestora cultural e encargada de distribución artística.
- Alejandro Vargas (músico). Pianista e Compositor graduado na Universidade das Artes de Cuba e residente en Santiago de Compostela. Primeiro premio no concurso de mozos jazzistas de Cuba JoJazz 2001. Premios no Certame Cubadisco en 2008 e 2013.
- Tomás Rábanos (músico). Especialista en talleres de muscoterapia, pedagoxía musical, dirección coral, psicoloxía infantil e asnoterapia. Profesor de estimulación sensorial coa música.