O proxecto dos Premios Galegos da Música segue adiante a toda vela. Despois de moitos meses de traballo, podemos anunciar que xa temos presenza 2.0. Co obxectivo de ter toda a maquinaria mediática ben engraxada para o 16 de Setembro, data de saída para a inscrición de candidaturas, comezamos a campaña de comunicación para infiltrármonos en todas as redes, en todas as webs, en todos os recunchos mediáticos para que ninguén se perda a gran festa da música galega. Público, músicos, soci@s, empresas, administracións, patrocinadores, medios... Todos formamos parte dos Premios Galegos da Música, e depende de tod@s nós que a pegada desta primeira edición sexa inesquecible. Por iso, dende xa, engánchate ó perfil de Facebook e á conta de Twitter dos Premios Galegos da Música. En breve, atoparémonos en www.premiosgalegosdamusica.com. E, coma sempre, axuda a difundir!!!