Política de privacidade
ASOCIACIÓN MÚSICAS AO VIVO, entidade con CIF G70243019, e con enderezo en Alcabre Viña Grande, 5 – 36212 Vigo (Pontevedra), é a Responsable de tratamento dos diferentes datos persoais que se recollen para unha correcta prestación do noso servizo.
É o noso obxectivo tratar os seus datos con total transparencia, aportando sempre as maiores garantías de confidencialidade e seguridade. É por iso que lle queremos explicar de maneira precisa o motivo e o xeito que temos de recompilar, almacenar, compartir e utilizar os seus datos persoais, así como os dereitos que pode exercer con respecto a estes tratamentos.
Esta Política proporciona información acerca do uso que ASOCIACIÓN MÚSICAS AO VIVO fai dos seus datos persoais. Os termos que rexen o uso da web descríbense no enlace “Aviso Legal” da mesma.
No caso de que ofrecéramos servizos adicionais e que estes implicaran algunha modificación na forma en que recompilamos e tratamos os seus datos, proporcionariámoslle máis información así como os termos adicionais que procederan.
Informámoslle tamén de que poñemos á súa disposición o enderezo de correo electrónico info@musicasaovivo.gal, ao que pode dirixirse de modo directo e efectivo sempre que teña calquera pregunta ou dúbida acerca do tratamento dos seus datos persoais ou cando desexe comunicarse con nós.
RECOMPILACIÓN E TRATAMENTO DOS DATOS PERSOAIS
ASOCIACIÓN MÚSICAS AO VIVO recompila os seus datos persoais a través das seguintes vías:
- Cando se dá de alta a súa persoa como socia de ASOCIACIÓN MÚSICAS AO VIVO ou de MÚSICOS AO VIVO S. COOP. GALEGA, cubrindo a Solicitude de inscrición/adhesión, na que se indican datos identificadores persoais.
- Cando acode a nós, como socio/a ou interesado/a, para que lle prestemos os nosos servizos de asesoramento e información.
- Cando se pon en contacto con nós a través do apartado “CONTACTO” da nosa páxina web, cubrindo o seu nome e enderezo electrónico no Formulario correspondente.
- Cando se inscribe a través da web a un curso, obradoiro ou xornada formativa / informativa organizada por ASOCIACIÓN MÚSICAS AO VIVO ou MÚSICOS AO VIVO S. COOP. GALEGA, enchendo o formulario de inscrición correspondente.
- Cando é vostede un provedor e solicitamos os seus datos para poder realizar os pedidos de bens e servizos e proceder ao pago dos mesmos.
- Cando vostede, voluntariamente, se fai seguidor das Redes Sociais de ASOCIACIÓN MÚSICAS AO VIVO
- Cando inscribe ou presenta unha proposta artística aos PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA ou aos Censos Locais xestionados pola asociación.
FINALIDADE DO TRATAMENTO DE DATOS, TEMPO DE CONSERVACIÓN E CESIÓN DE DATOS
En ASOCIACIÓN MÚSICAS AO VIVO tratamos os datos que nos facilita coas seguintes finalidades:
En tódolos casos, os datos proporcionados se conservarán mentres se manteña a relación contractual ou en tanto vostede, como interesado/a, non solicite a súa supresión ou exercite o seu dereito de oposición. Unha vez finalizado o contrato, conservaranse os seus datos debidamente bloqueados durante todo o tempo que que sexa necesario para atender ás obrigas legais que en materia fiscal ou noutro ámbito afecten a ASOCIACIÓN MÚSICAS AO VIVO.
Se ben ASOCIACIÓN MÚSICAS AO VIVO non realiza intencionadamente transferencias internacionais de datos, si utiliza servizos de almacenamento na nube (Gdrive).
Dende ASOCIACIÓN MÚSICAS AO VIVO informámoslle de que os servizos utilizados corresponde a empresas que transfiren os datos dende a UE aos EUA baixo os principios Privacy Shield, é dicir, baixo os requisitos legais de protección de datos existentes na UE, proporcionando polo tanto unha adecuada protección da privacidade dos datos.
Os seus datos nunca serán utilizados para o envío de comunicacións (publicitarias, informativas...) sen o seu consentimento. Tampouco serán cedidos a terceiros/as, salvo que exista obriga legal ao respecto.
REDES SOCIAIS
ASOCIACIÓN MÚSICAS AO VIVO conta con perfís nalgunhas das principais Redes Sociais (RRSS) co fin de informar e publicitar os seus servizos. Se o usuario/a dispón dun usuario/a na mesma rede social e decidiu unirse á páxina creada pola Asociación, enténdese que amosa o seu interese na información que se publicita na Rede e outorga o seu consentimento expreso para o tratamento daqueles datos publicados no seu perfil no momento no que se fai seguidor/a das nosas redes oficiais.
O tratamento que ASOCIACIÓN MÚSICAS AO VIVO realiza dos datos subministrados polo usuario/a a través das RRSS descríbese no epígrafe 3 desta Política. En ningún caso ASOCIACIÓN MÚSICAS AO VIVO extraerá datos das RRSS e en calquera caso, o tratamento feito será, como máximo, o que a rede social permita aos perfís corporativos.
O usuario/a pode acceder en todo momento ás políticas de privacidade da propia rede social, así como configurar o seu perfil para garantir a súa privacidade.
Nas RRSS, o usuario/a pode compartir textos, fotos, vídeos e outro tipo de información ou contidos, algo que fará libre, voluntaria e conscientemente. De facelo así, estes contidos estarán suxeitos tanto á presente política como ás Normas e Condicións de Acceso e Uso da rede social correspondente. O usuario/a será responsable de que todos os contidos que publique respecten a lexislación vixente, a presente política e o aviso legal da rede social.
MEDIDAS DE SEGURIDADE
Informámoslle de que todos os seus datos son tratados de conformidade co disposto nas normativas vixentes en protección de datos persoais, e máis concretamente conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 de 27 de abril de 2016 (RXPD) relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.
Así mesmo, cúmprense os principios descritos no artigo 5 do RXPD, polo que os seus datos son tratados de xeito lícito, leal e transparente en relación co interesado/a e de maneira adecuada, pertinente e limitada ao necesario en relación cos fins para os que son tratados.
Co obxectivo de salvagardar a seguridade dos seus datos persoais, informámoslle de que implantamos todas as medidas de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos mesmos, a súa alteración, perda e tratamento ou acceso non autorizados.
DEREITOS EN MATERIA DE PROTECCIÓN DE DATOS
En calquera momento pode exercer os seus dereitos dirixíndose ao enderezo postal arriba indicado ou ao enderezo electrónico info@musicasaovivo.gal, especificando o dereito que quere exercer e respecto de que datos persoais.
En particular, o RXPD outórgalle os seguintes dereitos:
- Dereito de acceso e Dereito de rectificación. Vostede ten dereito a ser informado/a e solicitar acceso aos datos persoais sobre vostede que procesamos ou á súa rectificación cando sexan inexactos.
- Dereito de supresión. Vostede ten dereito a solicitar que se eliminen os seus datos persoais.
- Dereito á limitación do tratamento. Vostede ten dereito a solicitar que se deteña o procesamento de xeito temporal ou permanente de todos ou algúns dos seus datos persoais.
- Dereito de oposición. A oposición ao tratamento dos seus datos cando a base xurídica para o tratamento sexa o interese lexítimo de ASOCIACIÓN MÚSICAS AO VIVO ou por motivos relacionados coa súa situación particular.
- Dereito á portabilidade. Vostede ten dereito a solicitar unha copia dos seus datos persoais en formato electrónico e o dereito a transmitilos para usalos no servizo a un terceiro/a.
Igualmente, informámoslle da opción de presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos en caso de considerar que cometemos unha infracción respecto ao tratamento dos seus datos persoais. Para iso debe dirixirse a:
AXENCIA ESPAÑOLA DE PROTECCIÓN DE DATOS
R/ Jorge Juan, 6 | 28001 Madrid