Inauguramos neste Boletín quincenal de Músicos ao Vivo o que para nós é un avance moi importante para tod@s @s músicos deste país e, por extensión, para todo o entrabado da Cultura con maiúsculas. Músicos ao Vivo e a CRTVG veñen de activar unha nova vía para que @s músicos galeg@s completen o arquivo da CRTVG co material audiovisual propio. Entendemos por material audiovisual propio, os videoclips, gravacións de directos, etc... Este arquivo pasará a servir de materia prima para que as distintas redaccións da CRTVG vaian nutrindo os seus espazos informativos e de divulgación. Ó mesmo tempo, e por se isto fora pouco, dende Músicos ao Vivo faremos chegar semanalmente unha axenda actualizada de tódolos concertos, actuacións, eventos, ou presentacións de discos. O xeito de aparecer nesta publicación semanal será introducindo os concertos na nosa web www.musicosaovivo.com.
Para facer chegar os arquivos audiovisuais habilitamos este novo mail arquivo@musicosaovivo.com, o cal haberá que enviar os vídeos a través de wetransfer, dropbox, ou calquera outra plataforma de transferencia de documentos pesados. Asegurádevos de que o material cumpre cos standards mínimos de emisión en broadcast e formato 16/9.
Máis información e http://www.musicosaovivo.com/documentos/convenios/