imaxe da nova
Institucións amigas

Asemblea Músicos ao Vivo

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 xuño 2013

O Domingo 30 de Xuño ás 17:00 teremos a nosa Asemblea Ordinaria do 2013.  Será no Auditorio de Galicia, en Compostela, coma sempre. Ademais de poñer en coñecemento d@s soci@s toda a información referente á asociación, aproveitaremos para poñernos ó día en todo o que ten que ver coa campaña de visibilidade que neste ano estamos desenvolvendo. Por unha banda, compartiremos a información relativa ós Premios Galegos da Música, e por outra, avanzaremos nos acordos conseguidos coa CRTVG para acadar unha maior presenza da música galega nos medios públicos.

Músicos ao Vivo ten moitos máis frontes abertos, e resulta vital que @s propi@s soci@s queiran implicarse activamente nalgún deles, para sumar forzas e que a acción dinamizadora non diminúa.

Entre os proxectos que están iniciados e non rematados, estaría o de consensuar unha táboa salarial orientativa, para o que estamos en contacto con colectivos de músicos estranxeiros, concretamente británicos e portugueses. A nosa idea é recoller moito do avanzado nas Mesas de Debate en torno á Música ao Vivo. Tamén temos que avanzar na implicación de Músicos ao Vivo na Plataforma das Artes Escénicas e Musicais, xa que é a nosa asociación a única representación dos músicos profesionais. Por outra banda, estamos traballando na elaboración de convenios para distribución dixital, e produción audiovisual para os soci@s de Músicos ao Vivo, o cal resultará moi beneficioso para seguir sumando no que aló por xaneiro bautizabamos como “o ano da Visibilidade”.

Domingo 30 de Xuño, ás 17:00 no Auditorio de Galicia. Acudamos!!!

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información