imaxe da nova
Contratos

A música e os beneficios colaterais

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 maio 2013

A música é poderosa. Move conciencias, move corpos, move ideas, move deseño, move industrias e move moreas de cartos. A música consegue todo iso e moito máis, e moitas veces sen pretendelo. Unha canción xestada inocentemente nunha xornada pode acabar influíndo nas accións de millóns de persoas. E pola contra, campañas multimillonarias agochadas detrás de produtos pseudomusicais, só conseguen aportar máis contaminación acústica a uns medios de comunicación tan saturados de radiofórmulas e tan carentes de verdadeiro contido musical. Quizais unha imaxe valla máis que mil palabras. Ver unha camiseta dos Sex Pistols nun escaparate de Bershka podería ser unha boa síntese de como o Capital tenta apoderarse dun símbolo alleo, e mesmo oposto. Unha vez máis, a industria segue apropiándose do vocabulario estético dunha expresión musical, sexa Jazz, Punk, Rock, Reggae, Hip hop.... que máis ten?

A música ten a capacidade de sintetizar filosofía, ideoloxía, revolución, clase, glamour, rebeldía, patria, compromiso, sexo, hedonismo, protesta, etc... e a industria utiliza esas mensaxes como slogan, como unha cor, como poesía. Unha pincelada de punk, un toque de jazz, un arrecendo de hiphop, indie por aquí, rock por alá... Xa está servida a empanada mental do capital.... A comer!!!!

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información