imaxe da nova
Contacto e Tarifas

ENTREVISTA Guadi Galego. Socia número 42

imaxe do usuario Xestor Xestor
1 maio 2013

-¿Cómo empezaches na música?

Hai moitos anos,no seo dunha familia musical,o da profesionalidade foi circunstancial.

Comecei con Berrogüetto no ano 97 e alá van xa case 16 anos.

 -Fálanos da túa experiencia como músico profesional en Galicia.

Falar de músico profesional en Galicia é verdadeiramente difícil senón te dedicas a tocar en orquestra, xa sexa clásica ou de verbena. Mais hainos que poden vivir da súa profesión con esforzo, moito esforzo. A miña experiencia é que hai que traballar moito e en moitas polas para poder apelidarte profesional.

 -Tras tantos anos de carreira, ¿de que xeito inflúe esta longa experiencia á hora de abordar novos camiños e proxectos? Cóntanos en que andas metida agora mesmo.

O xeito de comezar a falar dun novo proxecto sempre te sitúa a parte da ilusión de comezar nun parámetro realista da situación. Hai que facer contas (que nunca saen, he,he,he), valorar os tempos (que tampouco) e apostar por formatos que resulten sinxelos á hora de movelos. Agora mesmo estou facendo a xira de aCadaCanto, o proxecto que teño con Xosé Lois Romero, Guille Fernández e Xabier Díaz.

 - ¿Cales son as túas influencias musicais?

Eu son filla dos 80-90, no aspecto tanto da música tradicional, que foi cando despuntou un novo xeito de entendela, dende a realidade e non dende un folclorismo adquirido polos anos de ditadura, do pop, o folk e posteriormente o jazz, sen esquecerme nunca da canción de Autor.

 -¿Como ves a situación da música actual en Galicia?

Dura pero moi rica e a moito nivel….cun problema esencial para poder vivir exclusivamente dela.

 -¿Que che parece que exista un colectivo asociativo de músicos galegos de carácter xeral?

Creo na colectividade como tal, sempre o crin e penso que os problemas xorden cando estás só. Sempre berran máis 100 que un e son máis fáciles de escoitar.

-¿Que papel cres que debe desempeñar a administración pública na música e nas chamadas industrias culturais en xeral?

 Sinceramente non teño moi claro cal sería o seu papel en concreto, ao longo dos anos pasouse de tirar os cartos a mans cheas sen importar a onde ían, a non ter un can ou dicir non hai un can e permitir que exista un paro encuberto no sector que non vai ser fácil de recuperar, pero teño claro que dende o momento en que existe una Consellería ou Secretaría dedicada a isto e con individuos que cobran dos impostos que os demais pagamos, algo deben de facer. Dende logo axudar á cultura de base e facilitar ao sector as postas en escena dos espectáculos… Polo menos conservar as redes que faciliten o traballo e aceso ao público. Non podes ir a un concello, ofrecerte para facer o espectáculo “a taquilla”, que non haxa un equipo de son, que che digan que a hora de custe do Auditorio é de 20 euros, e que o ticket non pode ser maior de 5 euros, con qué saldo negativo saes da casa?....en canto ao resto sería fiar miúdo e non teño datos suficientes

 -Se tiveras que elevar unha queixa como músico, contra quen a elevarías? Cal sería a túa protesta?

Bufffff….contra un sistema necio e arrogante que incide en detestar a cultura para que sexamos menos libres e máis dependentes dos poderes…

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información