Músicos ao Vivo integra a Plataforma das Artes Escénicas e Musicais. Unha suma de colectivos do sector cultural como nunca antes se dera neste país. Unha unión histórica porque a situación de bloqueo orzamentario é tamén histórico. As case 30 asociacións que integramos esta Plataforma marcamos unha data en vermello no noso calendario. O vindeiro 4 de Xuño faremos unha acción global para chamar a atención sobre a situación que atravesa a nosa cultura, a de tod@s.
Dende aquí chamamos ós colectivos que aínda non pertencen á Plataforma das Artes Escénicas e Musicais, para que se sumen, porque a unión fai a forza, e precisamos de toda a fortaleza e solidariedade. E chamamos tamén aos/as soci@s de Músicos ao Vivo que queiran ter unha presenza activa nesta acción do 4 de xuño, para que se poñan en contacto coa Directiva a través de info@musicosaovivo.com
Ti podes marcar a diferenza. A túa participación é importante. Participa!!!