imaxe da nova
Contratos

Coa Música como Visado.

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 abril 2013

@s músicos vivimos baixo os mandados da nosa música. Nós podemos ter a ilusión de que decidimos como, cando, para quen, onde, e baixo que condicións pretendemos facer música, pero, unha e outra vez, a música organiza a nosa axenda de xeito caprichoso. Lévanos polo mundo, de bares a auditorios, de locais de ensaio a estudos de gravación, do contacto próximo ao masivo, do íntimo ao público, dun país a outro, e todo isto, no mellor dos casos...

E ven sucedendo dende tempos afastados. E chega ós nosos días. A música trouxo a Galiza a centos de músicos, e moitos deles e delas, acabaron ficando aquí, pasando a formar parte da gran familia galega da música. Inmensa, poliédrica, heteroxénea e metamórfica. Cuba, Brasil, Uruguai, Marrocos, Italia, Francia, Inglaterra, Croacia, Bulgaria... Ducias de historias que xa forman parte da nosa realidade, e que veñen sempre a completar o noso mundo, e a poñernos a todos nun escenario global, moito máis rico, e moito máis complexo.

Pero unha vez máis a nosa profesión ten que lidar con efectos colaterais indesexables. O carácter nómade do músico e o crecente proteccionismo migratorio parece que entran cada vez en maior conflito. Nos últimos tempos estamos sendo testemuñas de prácticas que poñen en serio perigo o libre tránsito da propia música. En Setembro, esta problemática saía á primeira liña mediática, pola expulsión dun grupo Folclorista Venezolano que pretendía ingresar en Canarias para actuar alí. Os integrantes do Ensamble Gurrufío asistiron perplexos a como se lles detiña nada máis aterrar no aeroporto tinerfeño, e acto seguido se lles deportaba de volta para Caracas. Dende a organización do Festival anfitrión e dende o Goberno Canario denunciouse que estas prácticas son habituais, pero que só saen á luz, cando non son cidadáns anónimos, como era o caso. Houbo unha tempada na que as trabas ós músicos brasileiros en España eran moitas e moi duras. A realidade cubana, os países do leste, etc... Centos de historias.

Confiemos en que a Música atope os atallos, e consiga pasar por riba das fronteiras, levando ós músicos con ela, de Norte a Sur e de Este ó Leste, como sempre foi, e como debería seguir sendo, incluso nestes tempos.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información