imaxe da nova
Institucións amigas

Premios Galegos da Música

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 abril 2013

Como moit@s de vós xa saberedes, neste ano 2013, Músicos ao Vivo convocará por primeira vez os Premios Galegos da Música. O obxectivo fundamental destes premios é dotar de visibilidade á realidade musical galega, e poñer en valor todo o potencial e creatividade que posúe este sector. Como anticipo, adiantamos que a convocatoria irá destinada a todos os proxectos musicais galegos que estean vixentes e en activo neste ano 2013. Entendemos por proxectos musicais galegos a grupos, solistas, espectáculos, ou proxectos discográficos realizados en Galicia, ou realizados fora de Galicia, pero por músicos galeg@s. A inscrición para estar nominad@ aos Premios será libre e gratuíta.

Os premios corresponderanse con 11 Categorías: Pop, Rock, Jazz, Hiphop, Clásica, Folk, Tradicional, Músicas do Mundo, Electrónica, Infantil e Orquestra de Baile. Así mesmo, convocaremos un Premio Honorífico a toda a carreira, que se outorgará a unha figura dentro da Música Galega, cuxa traxectoria artística e profesional constitúa un referente para as futuras xeracións.

A través do proceso de votación “on line” e privado, @s soci@s de Músicos ao Vivo elixirán en primeira instancia aos 3 finalistas de cada categoría e, a continuación, nunha nova rolda de votacións, a@s 11 premiad@s.

A celebración da Gala e entrega de Premios será en Decembro de 2013, e pese ó longo treito que queda por andar, queremos dende a Xunta Directiva convidar a tódol@s soci@s a sentirse parte do proceso. Ademais das canles habituais de comunicación, propoñémonos establecer novas vías de comunicación e participación. Os Premios Galegos da Música son de tod@s nós, e de nós depende que sexa un éxito e unha excelente oportunidade para o noso sector. Participemos!!

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información