imaxe da nova
Institucións amigas

Asemblea extraordinaria: Acción sobre a Música ao Vivo

imaxe do usuario Xestor Xestor
1 abril 2013

A Xunta Directiva de Músicos ao Vivo convoca unha Asemblea Extraordinaria para o Domingo 14 de Abril ás 17:00 no Auditorio de Galicia. Despois da Mesa de Debate que tivo lugar o pasado 17 de Febreiro, volvemos sobre a problemática para coller o touro polos cornos e adoptar medidas realistas, consensuadas e que boten un pouco de optimismo sobre este panorama que se está volvendo tan negro para tantos profesionais da música. Debateremos propostas concretas, falaremos do establecemento dun “chan da dignidade” que permita poñer fin a prácticas temerarias que poñen en grave perigo a permanencia da Música ao Vivo como unha práctica sostible.

 Agardamos que a difusión sexa máxima e que a afluencia sexa, cando menos, tan relevante como a da última vez. Xogámonos moito en todo isto, e os Músicos ao Vivo somos quen de marcar un punto de inflexión. Outra realidade non só é posible, outra realidade é a única opción.

Acudamos!!!

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información