imaxe da nova
Protocolo contra o acoso sexual

A muller no panorama musical galego actual O 8 de marzo é todos os días.

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 marzo 2013

A música non entende de xénero aínda que leve o artigo feminino. Coma calquera manifestación artística leva o xénero de quen a xena. A música en Galicia é ancestral, creativa e actual. Dáse un vasto abano de xéneros musicais en Galicia e quen non toca canta e quen non canta baila. Nas escolas, agrupacións e conservatorios de música hai gran afluencia de xente diversa e de aí saen persoas moi ben preparadas aínda que para profesionalizarse na música a maioría optan por seguir a súa carreira fora de Galicia. De moitas non se chega a saber. Moita muller cantante e poucos homes, moitos homes contrabaixistas ou bateristas poucas mulleres… pero cada vez equilíbrase máis a tendencia á hora de escoller instrumentos.
A muller sempre tivo presenza na interpretación e produción musical. Outra cousa é a súa visibilidade, matriarcado galego, a muller fai no anonimato e os homes son a cabeza visible que dirixe. A repercusión mediática, ó que chega o gran público, a comercialización da música faise con poucos produtos e moi estandarizados nas formas e no fondo; transmisora de roles sexistas castra a gran riqueza creativa que se está a dar na música galega. “Muller cantante e sobre todo floreiro, canto máis caladiña e manipulable mellor que queda moi ben na cabeceira dos carteis, en primeiro plano, que se vexa ben, e se leva escote e luce boas pernas mellor, aínda que non cante moi ben”…isto é o visible pero en absoluto a realidade. Hai grandes profesionais mulleres na música galega e esta imaxe é ofensiva e pon nun segundo plano a valía real feminina…
Resulta difícil darse a valer nun mundo dirixido por homes no que os valores e as formas son masculinas. A falta de recoñecemento crea inseguridade e falta de autoestima para levar proxectos adiante. Delégase nos homes. Pérdese autenticidade na creación imitando ó masculino cando se busca recoñecemento. Pero é moi valiosa a achega feminina neste momento porque agora precísase máis que nunca novos xeitos: traballo en grupo fronte ó individualismo, sensibilidade fronte á deshumanización, manifestación das emocións fronte ó comercio sistemático, compartir fronte á competencia. Creación, frescura, vida…
A educación, a visibilidade e repercusión mediática e os colectivos son fundamentais. En Músicos ao Vivo (necesario revisar o de “músicos”) a gran maioría son homes e en consecuencia está dirixido por eles, cousa que non beneficia a ninguén. Fagamos algo por funcionar doutro xeito porque non me creo que “a muller sexa a coidadora que apoia e o home o pensador e facedor” como as grandes elites ditan.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información