imaxe da nova
Contratos

Mexico lindo...

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 febreiro 2013

A violencia estrutural de México é coñecida en todo o mundo e forma xa parte do noso imaxinario colectivo. Nós recollemos hoxe neste boletín a repercusión que a violencia ten no mundo da música mexicana, e viceversa.
Hai uns días atoparon ós 17 membros do grupo mexicano Kombo Kolombia, os cales levaban desaparecidos unha semana, despois de que un comando de narcos entraran durante un dos seus concertos e os levaran en camionetas. Matáronos a todos dun tiro na caluga menos a un deles, que se supón que o deixaron ir para certificar a autoría. É unha práctica habitual entre as guerras dos clans inimigos. E parece que tamén xa é unha práctica habitual o da inseguridade dos músicos. A intensa exposición pública e social á que se someten os artistas e os músicos fai que lles saian os “admiradores” de debaixo das pedras. De feito, hai determinadas zonas, denominadas “quentes” onde practicamente xa non existe a música ao vivo. Os músicos xa non se fían de clientes descoñecidos, xa que o que pode comezar sendo un bolo normal para un cliente ó cal aínda non coñeces en persoa, pode acabar nunha vinganza por cantares algo molesto para un ou outro clan, ou simplemente, como unha represalia por actuar en demasiadas ocasións para determinado local, ou barrio. Obviamente, como ía escapar a práctica musical desta barbarie? A música forma parte do tecido sociocultural de toda sociedade, e tamén da mexicana.
E como non hai claro sen escuro, deixamos tamén constancia doutra experiencia musical que acontece no corazón da barbarie mexicana por excelencia: Ciudad Juárez. Alí, onde o feminicidio adquire cotas dunha desproporción inhumana, un grupo de rapaces moi novos andan a voltas cun pop combativo e pacifista que se deu en chamar Nueva Ola Fronteriza. Este movemento ven marcado por unha produción inxente de material pop doméstico que utiliza as redes como catalizador e medio de difusión da súa mensaxe artística e social.
Mexico lindo... coa música polos catros costados...

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información