imaxe da nova
Contacto e Tarifas

Entrevista Víctor Aneiros

imaxe do usuario Xestor Xestor
1 febreiro 2013

¿Como empezaches na música?

Xa choveu….Cando empecei,  ter unha guitarra eléctrica era practicamente un artigo de luxo. Os meus primeiros paso foi cunha guitarra acústica,  xuntándome cuns amigos nos almacéns baleiros do ferrocarril os sábados pola mañá para intercambiarnos os últimos coñecementos que aprenderamos. O meu primeiro traballo nun grupo foi como baixista, pensaba  que con catro cordas sería máis doado jajajaja…

Despois de tantos anos metido na música, como ves o presente? Cóntanos que plans tes en mente.

Este ano que rematou estiven centrado na promoción do disco que Víctor Aneiros Band gravou con Julie Guravich. Neste 2013  retomarei o meu proxecto,  e empezarei a traballar en material para un novo disco.

 Segundo a túa experiencia, ¿que é o máis valioso que tes recibido da música?

A forza necesaria para erguerme cada mañá.

¿Como definirías a presenza da música tradicional galega na túa vida e nos teus traballos?

As miñas influencias veñen do blues, e aínda que poida parecer estar tan lonxe da nosa música tradicional, non é así, penso que as músicas populares dun ou doutro xeito están relacionadas.

¿Como definirías a pegada da música “negra” en Galicia?

Creo que os músicos galegos temos na nosa literatura a fonte da nosa música negra, Rosalia de Castro,  Curros Enriquez, Ramiro Fonte… son unha boa mostra.

¿Como ves a situación da música actual en Galicia?

Hai boa materia prima, excelentes músicos e bandas, pero o eterno dilema do galego, moitas veces hai que marchar fora. A isto temos que sumar unha escasa infraestrutura cultural que se preocupe do que verdadeiramente importa,  a promoción da cultura que enriquece a identidade propia dun país.

¿Que che parece que exista un colectivo asociativo de músicos galegos de carácter xeral?

 “Moi necesario, máis aínda nos tempos que estasmos a vivir.  Doutra banda, ten moito mérito, no sentido de que o galego é un ser individualista, conseguir agrupar aos músicos galegos nun colectivo é todo un éxito.

¿Que papel cres que debe desempeñar a administración pública na música e nas industrias culturais en xeral?

O problema, empezando pola administración, é a falta de educación cultural, non temos máis que ollar o pouco que se respecta a profesión de músico. Deberían de implicarse máis na creación dun tecido cultural, onde teña prioridade  a promoción das musicas minoritarias, e non tanto os grandes fastos e macroconcertos, creo que o diñeiro publico debe de ter outra finalidade.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información