imaxe da nova
Contratos

O xigante axeonllado

imaxe do usuario Xestor Xestor
1 febreiro 2013

Se dicimosHMV seguramente a moitos de vós non lle soará a nada. Pero HMV foi o emporio británico que amasou inxentes fortunas na época dourada do CD, alá polos 80 e 90. Despois de intentar durante anos encaixar os golpes dun sector en plena revolución, finalmente entrará en concurso de acredores cunha débeda acumulada de case 200 millóns de euros. Estamos falando dunha firma con máis de 4000 empregados e case 300 megastores por todo o mundo. Por iso non lle estrañou a ninguén que Universal, Sony, Warner ou 20th Century Fox tentaran botarlle un cabo rebaixando os marxes do CD e DVD. Pero nin así. Os grandes xigantes non se podían permitir que o único reduto que lles quedaba de venda física desaparecera. E sabemos que os pequenos espazos de venta que aínda se lles reserva ó CD e DVD nos grandes supermercados teñen os días contados.
Estamos no ollo do furacán. Se en 2005 os capos das grandes discográficas xa se botaban as mans á cabeza porque internet acadaba o 6% do volume de ventas, que non farán agora que xa excede o 75%? O xigante axeonllado... a cuestión é... ante quen?

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información