imaxe da nova
Institucións amigas

Un ano máis

imaxe do usuario Xestor Xestor
1 xaneiro 2013

Dende que naceu Músicos ao Vivo, cada ano resultou decisivo, e este ano que agora remata, non podía ser menos.

Acabamos o ano 2012 sendo membros constituíntes de FEMA (Federación Española de Músicos Asociados), xunto a 4 Asociacións Profesionais máis de Canarias, Madrid e Cataluña.

O noso Plan de Regularización Laboral está máis activo que nunca. Preto de 100 dos nosos socios levan facturado a través de Músicos ao Vivo máis de 260.000€.

As nosas actividades divulgativas fóronse ampliando, e a día de hoxe, ensinamos e divulgamos sobre asociacionismo musical, realidade laboral dos músicos, dereitos de autor e propiedade intelectual, e autoxestión nos modelos de mercado actuais.

E por se fora pouco, rematamos o 2012 coa renovación e ampliación da Xunta Directiva, que ven a dar un pulo enorme ó traballo feito ata o de agora, e suporá novos folgos para este futuro tan decisivo que temos por diante.

Os tempos son moi difíciles, pero Músicos ao Vivo remata este ano 2012 con máis ilusión que nunca, con máis determinación que nunca, e con moitos proxectos en mente, que estamos seguros de que suporán un punto de inflexión na nosa realidade máis próxima.

A traballar!!!

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información