imaxe da nova
Protocolo contra o acoso sexual

Annus Horribilis

imaxe do usuario Xestor Xestor
1 xaneiro 2013

Cando un ano remata resulta inevitable facer balance. O bombardeo de novas e imaxes memorables do ano que morre forma xa parte da estampa típica nestas datas tan sinaladas, que diría o borbón. E mirándoo dende o lado positivo, está ben botar a vista atrás para non esquecer de onde vimos, e cara onde imos. A actividade cotiá moitas veces non da a oportunidade de facernos unha boa composición de lugar. O balance, polo tanto, é necesario, aínda que doa.
Para os músicos que vivimos a música ao vivo, ben sexa de xeito profesional, amateur, con exclusividade ou de xeito complementario a outras actividades, son momentos moi complicados. O 2012 pasará á historia como un ano máis dentro da tendencia negativa na que se ve inmersa a música ao vivo no noso país. E penso que sabemos do que estamos falando, se adxectivamos esta tendencia como auto-destrutiva. Non é cuestión de culpabilidades, e quizais aínda non sexa o momento de falar de solucións, xa que esta tendencia non acabou aínda e posiblemente teñamos que tocar fondo para poder construír novas realidades en torno á música ao vivo.
Pero se algo temos que sacar en limpo destes momentos difíciles, é que os músicos temos moitísimo que dicir. Os músicos temos que ser quen de asumir as nosas responsabilidades. E temos, polo tanto que ser parte proactiva na procura de solucións. Temos que ser nós, os que reconduzan esta situación practicamente insostible. É momento de unirnos, imaxinar o noso futuro, e loitar por el. Ninguén o vai facer por nós.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información