Músicos ao Vivo leva 4 anos traballando a prol dos músicos galegos e neste tempo a actividade da Xunta Directiva non parou de intensificarse. Os novos retos aos que se enfronta a asociación son cada vez máis complexos e requiren traballo continuo.
As circunstancias de cada un van mudando e aínda que o núcleo da Xunta Directiva mantense, novas incorporacións e novos folgos son sempre benvidos.
É por iso que na última asemblea do ano proporanse dúas novas incorporacións ao órgano directivo de Músicos ao Vivo: Isaac Palacín e Víctor Franco, que de seguro traerán aires renovados e implicación. Estes novos fichaxes únense ao de Antón Rodríguez nesta nova etapa.
Todos os que pasaron pola Xunta Directiva deixaron o seu empeño e a súa personalidade dende o primeiro momento (Javier Barral, Juansi Santomé, Álvaro Vieito).
Novos folgos para seguir traballando!!