A intensa actividade do día a día da Asociación non tería sentido se non estiveramos continuamente pulsando as opinións e reflexións dos nosos socios.
A Xunta Directiva en pleno traballa semanalmente para atender tódolos proxectos que están en desenvolvemento: o funcionamento do Sistema de Facturación, as actualizacións da nosa web e as tarefas de comunicación, a elaboración e difusión dos boletíns quincenais, as charlas divulgativas e de formación, as relacións coas administracións e outras entidades e/ou asociacións, o traballo de visibilización de cada un dos nosos socios, etc. Pero, ó mesmo tempo, Músicos ao Vivo ten que sacar tempo e lucidez para poder deseñar e planificar os novos horizontes. De nada sirve sacar para adiante os proxectos de hoxe, senón temos claro cara onde se dirixirán os próximos esforzos. E para imaxinar o noso futuro temos que estar TODOS.
Por iso, Músicos ao Vivo convoca a todos os socios e socias á próxima Asemblea que se celebrará o Domingo 16 de Decembro ás 16:30 no Auditorio de Galicia. Se non nos reforzamos agora como colectivo, cando o faremos? Acudamos!!