imaxe da nova
Contratos

A música e as novas tecnoloxías

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 novembro 2012

Compartimos hoxe aquí dúas novas ben distintas, pero ambas relacionadas coas novas tecnoloxías, e coa música. Por un lado, unha mente artificial capaz de compoñer centos de sinfonías en escasos minutos, e por outra banda, o novo Megaupload que rexurde das cinzas como o Fénix.
O xenio artificial, chamado Iamus, é un ordenador con 1600 procesadores especializado en música clásica contemporánea, que pode compoñer sinfonías que se confunden con outras escritas por compositores humanos. Foi deseñado na Universidade de Málaga, e xa ten selo discográfico propio: “Melomics Records”.
O xenio natural, é Kim Dotcom, e ven de anunciar o novo armazón de servidores que sustituirá a Megaupload, clausurado polo FBI. Chamarase MEGA e xa declarou o seu creador, que será imposible de pechar. O novo megaupload utilizará un sistema de dobre cifrado para que só o usuario que comparte pode “abrir” o contido. É dicir, MEGA non posuirá o coñecemento nin as claves do que se comparte a través do seu servidor.
Parece que grazas ás novas tecnoloxías, as dúas mentes compoñen as súas propias sinfonías: unhas son musicais, e outras xurídicas.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información