imaxe da nova

I Edición de Jazzatlantica en A Coruña do 31 de outubro ao 11 de decembro

imaxe do usuario Xestor Xestor
24 outubro 2012

O festival de jazz Jazzatlantica celebrarase na cidade de A Coruña entre os días 31 de outubro e 11 de decembro.

Esta primeira edición de Jazzatlantica consta de oito concertos, repartidas entre o Centro Ágora e o Teatro Rosalía Castro. O encargado de abrir o festival será Ambrose Akinmusire, o próximo 31 de outubro e pecharao a OSG Jazz Band o 11 de decembro.

O programa de Jazzatlantica é o seguinte:

- 31 de outubro : Ambrose Akinmusire. Centro Ágora. 21.00 horas.

- 7 de novembro : Wayne Shorter Quartet. Teatro Rosalía Castro. 21.00 horas.

- 12 de novembro: Kurt Elling. Centro Ágora. 21.00 horas.

- 20 de novembro: Paquito D'Rivera. Centro Ágora. 21.00 horas.

- 26 de novembro: Christian Scott. Centro Ágora. 21.00 horas.

- 28 de novembro: Abe Rábade Trío. Centro Ágora. 21.00 horas.

- 1 de decembro: China Moses. Centro Ágora. 21.00 horas.

- 11 de decembro: OSG Jazz Band. Teatro Rosalía Castro. 20.00 horas.

O Consorcio para a Promoción da Música organizou outros oito concertos para mostrar o traballo e a calidade dos músicos locais.

- Concertos na Escola Municipal de Música:

· Mozo Ensemble, o 9 de novembro, ás 20.30 horas (gratuíto).

· Jazzy Band, o 23 de novembro, ás 20.30 horas (gratuíto).

- Concertos no Conservatorio Superior de Música:

· Jam Sessions no Conservatorio, os días 8, 15 e 29 de novembro (gratuíto)

· Big Band do Conservatorio, o 4 de decembro, ás 21.00 horas (gratuíto).

· Concertos nos pubs Garufa e Filloa: Combos do Conservatorio, o 22 de novembro, ás 23.00 horas, no pub Garufa e concerto Jam Session, o 5 de decembro, ás 22.00 horas, no pub Filloa.

Máis info aquí.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información